Friday 03 de May de 2024

Comeza a programación cultural no novo centro cívico das Somozas


• Obradoiros de manexo de móbiles para maiores, talleres de elaboración de mandalas ou marcapáxinas ou bingo, entre a escolma de actividades.

O novo centro cívico do Concello de As Somozas acollerá desde hoxe a nova programación cultural, que comezou esta mañá cun curso de manexo básico de móbil para maiores de 50 anos. Ás 17:00 horas, un taller de pintura tamén para maiores de 50 anos baixo o título “A túa primeira mandala”.

Mañá, martes 13 de setembro, de 17:00 a 18:30 horas, haberá un obradoiro de elaboración de marcapáxinas para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos. O mércores 14 de setembro, de 11:00 a 12:30 horas, de novo outra sesión do curso básico de manexo de móbil para maiores de 50 anos, e pola tarde, de 17:00 a 18:00 horas, tempo de lecer, un encontro onde compartir habilidades e aprender sobre calceta, ganchete ou bordado a man. O xoves 15 de setembro, de 17:00 a 19:00 horas, bingo para todos os públicos. O venres 16 de setembro, de 11:00 a 12:30 horas, outra sesión de manexo básico de móbiles para maiores de 50 anos. De 20:30 a 21:30 horas, espectáculo de maxia con Jorge Lorenzo, para todos os públicos. E o sábado 17 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas, ‘Mañás en familia’, un contacontos e un obradoiro dirixido a familias con nenos e nenas de entre 3 e 8 anos.

Para todas as actividades, agás o bingo, o espectáculo de maxia e o tempo de lecer, é necesaria a inscrición, que se pode facer no mesmo edificio ou chamando ao 881 04 84 66.